Mamá Pata volve á rede
Aqui estou de novo. Moitos de vos notache-des que nos últimos tempos estiven co ánimo bastante baixo. É certo, e agradeço moito a todas aquela pessoas que se preocuparon por mim e me derom o seu apoio. Se bem agardaba moito mais de algumhas delas, surprenderon-me gratamente algumha outra.
Pero esa etapa baixa esta em processo de superaçom. Só precisaba recuperar a ilussom, e para iso nada melhor que umha fonda refundaçom. Tranquilo Duarte, nom tem nada a ver com nenghum partido trotskista.
Refundaçom política: Após quatro anos de militáncia política activa, preciso meditar bem onde quero trabalhar. Demasiadas organizaçons e pouco tempo. Nom há deriva ideológica, eu nom som dos de cambiar a ideologia segundo sopre o vento.
Refundaçom pessoal: Acabo de pechar as duas primeiras décadas da minha vida (Hoje cumpro 20 anos!). Necesito saber que vou fazer. Definir projectos, olhar cara o futuro (sem abandonar o presente) e ampliar horizontes.
Refundaçom blogueria: Suponho que simplesmente precisaba cambiar de aires este invento. Outra estética e outra normativa que melhorara co tempo(para desgraça de Jorge, que dirá que escribo em portughés). Nom podo asegurar nada no que a actualizaçons se refire.
E ate aqui a inauguraçom deste novo blog. Suponho que hoje nom o vai ler ninguém e que estaredes durmindo. Fazedes bem. Eu, como nom podia ser doutro jeito, estou mais preocupados pola enchenta de comida que vou pilhar hoje que por sair. Cada loco com o seu tema. Nom me pidades mais.
Um bico e umha aperta forte a todos aqueles que simplemente estivéchedes aí.


4 comentários:
Ben, compañeiro, agardo que este ano (2008 e vixésimo da túa vida) che vaia moi ben e que esta refundaçom (pst, portugueses)sirva para que saias adiante deste bache.
ADIANTE COMPAÑEIRO!
Pois ben, ánimo e a seguir pa diante. Por certo, despois dun ano e medio escoitando a túa maneira de falar e pensar... seguramente sexas a primeira persona (agás Charo, por motivos estrictamente profesionais... e tamén por que me amenazou de morte,jajaja) que fai que me anime a ler algo en portugues. Sorte
Se algunha vez tes unha deriva cara o pragmatismo, xa sabes onde estamos
XDDDD
:)
Saúde e benvido á blogosfera, camarada!
Benvido mamapata!con Lev Davídovich Bronstein morto quen nos vai coidar senón!
prometemos reducir a solicitude de horas de terapia malia o tentador dos sofas filoloxicoburgueses
animo e bkños, Noa
Postar um comentário