Compostela a 7 de Xaneiro de 2009 -- A petición de varias persoas, grupos políticos, sociais, sindicais e culturais asistentes ás mobilizacións contra a agresión sionista ao pobo palestino de Gaza, Galiza por Palestina convocou a todos os colectivos e persoas interesadas a unha xunta o mércores, día 7 de xaneiro, ás 19’00 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.
Asistiron e apoian particulares ademais de representantes das principais asociacións, partidos e sindicatos galegos; entre eles:
ACSUR Galicia; ADIANTE; Asemblea Republicana de Vigo; Asoc. Francisco Villamil; ATURUXO / A Ghentalha do Pichel; BNG; BRIGA; CIG; Comité Defensa das Rías Altas; Comités; Corrente Vermella; Cosal – Coruña; COSAL – Santiago; CUT; DSI; Esquerda Unida; Esquerda Unida- Vigo; FPG; Fuco Buxán; Fundación Araguaney; GALIZA NOVA; ISCA!; MARCHA MUNDIAL DAS MULHERES; Movemento pola Base; Mundo Sen Guerras; NÓS- UNIDADE POPULAR; Partido Comunista dos Pobos de España/ Colectivo dos mozos comunistas; Partido Humanista; PCPG; Plataforma Alternativa – Lugo; Plataforma de Lugo; Socialismo Libertario; Solidariedade Internacional de Galicia; Viraventos.
Tras escoitar todas as aportacións e opinións dos colectivos asistentes,acordouse unificar todas as concentracións locais nun mesmo día: Unha Xornada Nacional de Mobilización por Palestina o Sábado 10 de Xaneiro, ás 20.30h nas principias cidades e vilas galegas.
No caso de teren convocada outra data, manterase debido á urxencia da convocatoria.
Polo tanto comunicamos e informamos das seguintes mobilizacións xa confirmadas:
Ferrol: Venres, 9 Xaneiro, ás 20 horas, diante do Edificio da Xunta de Galicia - Praza Amada García - .
Sábado 10/01/09
Pontevedra: ÁS 20 H. MANIFESTACIÓN UNITARIA EN PONTEVEDRA NA PRAZA DA FERRERÍA.
Vigo: ÁS 18 H. MANIFESTACIÓN DESDE O CRUCE DA VÍA NORTE CON URZÁIZ QUE REMATARÁ NA PORTA DO SOL.
Santiago: ÁS 20.30 h.MANIFESTACIÓN DESDE A PRAZA DO TOURAL ATA A PRAZA DO OBRADOIRO, ONDE SE LERÁ UN COMUNICADO.
As concentracións son abertas a tódalas organizacións que se queiran sumar e chamamos a poboación galega a sumarse a estes actos.


Nenhum comentário:
Postar um comentário